REGULAMENTO DA CONFERENCIA NACIONAL

REGULAMENTO DA CONFERENCIA NACIONAL

4

O sábado 29 de outubro celebramos a III Conferencia Nacional, “FIANDO O SINDICALISMO DE CLASE”, na cidade de Compostela, no  Instituto Xelmirez I. Xa tedes a vosa disposición o regulamento da devandita conferencia.

REGULAMENTO DA CONFERENCIA DA CUT

Previo.- Convocatoria do IV Congreso Nacional da C.U.T.

a).- Por acordo do Secretariado Nacional de data 4 de xullo, e en base ao Artigo 28 dos Estatutos, acórdase a convocatoria da Conferencia da C.U.T. A data e lugar de celebración será o día 29 de outubro de 2011 en quenda de mañá na comarca de Compostela no IES Xelmirez 1.

O Lema Da conferencia será:

Fiando o Sindicalismo de Clase”.

b).- Dende a publicación deste Regulamento darase publicidade inmediatamente na páxina web da C.U.T., ao igual se publicaran todas aquelas as novas que, aos efectos da garantía de acceso,publicidade e participación da afiliación da C.U.T, se estimen precisas.

c) Para garantir a asistencia directa e a participación democrática e plena de toda a afiliación da CUT, dende o Secretariado Nacional e dende as Executivas Comarcais farase un esforzo no tocante á comunicacións da convocatoria da Conferencia. Para concretar o que se acaba de expoñer establécese as seguintes pautas de actuación:

  • As Executivas Comarcais, comunicarán mediante sms e/ou correo electrónico a toda a afiliación a convocatoria da Conferencia. Farase un chamamento á participación activa no seo da Conferencia.

  • En todas as sedes da CUT e na web publicitarase a convocatoria.

O Secretariado Nacional fai un chamamento ás Comarcas, cadros e militantes sindicais a corresponder co compromiso de garantir o cumprimento do presente Regulamento da Conferencia da CUT.

Primeiro.- Dereito de asistencia directa.

  1. Terán dereito de asistencia ao Congreso, toda a afiliación coas cotas ao día. A comunicación e a xestión do dereito será responsabilidade plena das Unións Comarcais. (U.C.) Estas pasarán o listado oficial da afiliación asistente con oito días de antelación (21/10/11) á celebración da Conferencia.

  2. A inasistencia dun ou dunha congresista non da dereito a súa substitución.

Segundo.- Responsabilidade do Secretariado Nacional.

  1. O Secretariado Nacional (SN) máximo órgano da C.U.T. entre Congresos, será o encargado de coordinar, xestionar e dirixir o proceso da Conferencia Nacional da CUT.

  2. Será o órgano de dirección encargado do proceso previo á celebración.

  3. Será o encargado de presidir a Conferencia Nacional.

Terceiro.- Da mesa do IV Congreso.

  1. Será a encargada de dirixir a Conferencia, garantindo o cumprimento do expresado no presente Regulamento. Igualmente encargarase de dar resposta a calquera dúbida de interpretación que se suscite durante o transcurso da Conferencia Nacional.

  2. Nomeará entre os seus membros e dúas persoas encargadas da redacción de Actas.

Cuarto.- Da Acta do Congreso.

As persoas responsábeis de actas, levantarán Acta do Congreso, e para maior racionalización e eficacia da tarefa repartiranse por tempos a función encomendada.

Na Acta inescusablemente figurará o nome de todas as persoas asistentes, Mesa Congresual, intervencións, resultado das votacións e acordos acadados.

Rematado o Congreso, a Acta será asinada por todas as persoas que forman a Mesa Congresual.

Quinto.- Asuntos a debater e aprobar na Conferencia.

A Conferencia circunscribirase ao debate e aprobación dos seguintes temas:

  1. A represión contra a CUT: situación actual.

  2. Nova etapa no enfrontamento á crise e ao capital.

Sexto.- Orde do Día da Conferencia Nacional-

A Conferencia constituirase coa entrada das persoas asistentes e contará ca seguinte Orde do Día:

09´45 hs. Recepción das persoas asistentes e entrega de acreditacións e material.

10´10 hs. Apertura da Conferencia coa Internacional.

10´15 hs A represión contra a CUT: Situación actual.

11´45 hs. Descanso.

12´00 hs. Nova etapa no enfrontamento á crise e ao capital.

13´00 hs.Peche a cargo do Secretario Xeral.

Sétimo.- Do procedemento, aberto á Conferencia Nacional.

No cumprimento estrito do exercicio da democracia e o respecto ás persoas asistentes, as intervencións serán por rigorosa quenda de palabra e circunscribíndose á orde do día aprobada. Calquera vulneración do presente Regulamento ou se algún afiliad@ considerara lesionados os seus dereitos, comunicarano á mesa por escrito antes do comezo da Conferencia.

Oitavo.- Das votacións no Congreso.

  1. Todas as votacións realizaranse a man alzada. Cada persoa asistente ten dereito a voz e a voto. A Mesa Congresual velará pola pureza democrática, chamando á votar por esta orde; votos en contra, votos a favor e abstencións, cos intervalos correspondentes para contar os votos. En caso de votación masiva, a Mesa se o considera, poderá en aras da axilidade, resolver “por aclamación”.

Noveno.- Da clausura.

  1. Rematado o debate, pasará a facer as conclusións o Secretario Xeral da C.U.T.

  2. Himno Galego.