MOBILÍZATE POLA CRTVG!

MOBILÍZATE POLA CRTVG!

11

O Comité Interempresas da CRTVG vén de convocar para o vindeiro xoves 27 de outubro ás 20.30 horas unha mobilización nacional na Praza Roxa de Compostela. A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras anima á súa afiliación a participar activamente desta marcha en defensa dunha radiotelevisión pública ao servizo de Galiza.

A CUT apoia ao Comité Interempresas na súa pretensión de lle dar unha resposta de calado á Proposición de Lei Dos Medios Públicos Galegos que se está a debater no Parlamento. Para a CUT esta Lei non só non garante o actual cadro de persoal da CRTVG, poñendo en risco a continuidade no emprego dos compañeiros e compañeiras que alí traballan, senón que demostra nidiamente a raizame neoliberal das políticas de xestión do PP e do PSOE, que agora queren entregar os nosos medios de comunicación públicas ás mans privadas, aínda no seo dunha situación de emerxencia nacional galega na que unha tras doutra se van pechando os medios de información nacionais, nunha involución inadminsíbel das políticas de normalización da nosa lingua e da nosa cultura.