ÉXITO DO I ENCONTRO EX MARIÑEIROS DO BANCO CANARIO SAHARIANO

ÉXITO DO I ENCONTRO EX MARIÑEIROS DO BANCO CANARIO SAHARIANO

5

Como estaba previsto o pasado venres 21 de outubro, celebrouse en Cangas o I Encontro de exmariñeiros do Banco Canario-Sahariano. A asistencia superou as previsións, e o salón do Concello estivo abarrotado (podedes ver AQUÍ unha galería do acto). A presencia das distintas xeracións naquel caladoiro, rubricou os vinte anos desta histórica loita sindical mariñeira. Presentou o acto o noso compañeiro Manolo Camaño e Antón Luaces, periodista e locutor de Radio Exterior de España, fixo de conductor do evento, que xuntou a compañeiros de Cangas, e procedentes de Marín, Moaña e Bueu. Alí estiveron compañeiros protagonistas das loitas polo Buque Hospital, ou os que foron víctimas dos ametrallamentos do final da década dos 70, e principios dos ostenta. Tamén estaban presentes os protagonistas da Folga histórica do ano 1988, polo Convenio Colectivo, e tamén os que co lema “ A motoserra é unha arma cargada de futuro”, fixeron historia desde o ano 1995 ó 2001, cas reivindicacións ó respecto do Acordo Pesqueiro, a demanda de medidas sociais de acompañamento ou a solidariedade co pobo saharaui. Hai que facer mención especial, ás mulleres que co seu movemento fixeran posible a conquista de melloras para os afectados desta flota. Tamén houbo no acto unha nutrida representación. Durante o encontro, a súa portavoz no ano 1988, Modesta Cancelas, fixo unha lembranza entrañable daquelas xornadas de loita. Despois da presentación do encontro, proxectouse un audiovisual feito por Galiza Contrainfo, que resumeu estes anos de loita dura e decidida. Tamén houbo unha lembranza a todos compañeiros e compañeiras xa desaparecidos, dedicándolle os asistentes un minuto de silencio ó comezar o acto. Tamén léronse distintas comunicacións enviadas o encontro, de distintos profesionais dos medios de comunicación. O proxecto de recuperación documental está comezado. A Asociación Cooperación Pesqueira Galego-Saharaui  COPEGASAH, encargarase desta tarefa en adiante. Seguro que o logrará. En datas próximas porase a venda  ó prezo de 5 € o DVD co audiovisual  Banco Canario Sahariano, suor, sal e loita, proxectado neste encontro e elaborado coa colaboración xenerosa dos compañeir@s de Galiza Contrainfo. Todos aqueles interesados no DVD, poden solicitalo na sede da CUT de Cangas.