IMPORTANTE SEGUIMENTO DA FOLGA NA CRTVG

IMPORTANTE SEGUIMENTO DA FOLGA NA CRTVG

11

Aínda co establecemento duns servizos mínimos abusivos, o Comité Interempresas da CRTVG fixa no 80% o seguimento da folga contra a nova lei dos medios de comunicación públicos de Galicia.

Na mañá de hoxe, arredor de 400 traballadoras e traballadores da CRTVG concentráronse diante do Parlamento Galego na defensa duns medios de comunicación públicos en galego, ben irrenunciable para Galicia e que se ve ameazado polo acordo de reforma ao que chegaron PPdeG e PSdeG. O plantel da CRTVG coida, ademais, que a futura lei abrirá a porta a despedimentos e reforzará o control partidario coa conseguinte manipulación informativa e perda da independencia das e dos xornalistas.

A concentración tivo lugar no marco da folga de 24 horas no ente público, convocada polo Comité Interempresas. O seguimento que comunicou a representación dos traballadores é do 80%.

Para finalizar con esta primeira xornada de confrontación e protesta, na Praza do Toural ás sete da tarde, nun ton máis lúdico, as traballadoras e traballadores da CRTVG escenificaron un telexornal que serviu para explicar e denunciar perante toda a cidadanía a gravidade do contido da lei.