A CUT ORGANIZA UNHA PALESTRA CON X.M. BEIRAS

A CUT ORGANIZA UNHA PALESTRA CON X.M. BEIRAS

9

  O vindeiro venres 30 de Setembro, a CUT organiza unha palestra arredor da forma en que o neoliberalismo europeo e a crise do capitalismo nos están a afectar en Galicia. Será impartida polo economista e político marxista Xosé Manuel Beiras na Facultade de Historia de Compostela a partir das 20 horas. Desde a recente aprobación do Pacto do Euro até a influencia histórica das políticas comunitarias nos sectores produtivos clave, nesta xornada de análise e debate, tentaremos aclarar as orixes do empobrecemento e recorte de dereitos das clases traballadoras galegas, así como os camiños a percorrer para subvertermos o estado actual.