NH: PILAR BOTANA, READMISIÓN!!

NH: PILAR BOTANA, READMISIÓN!!

14

A CUT reclamou en Vigo a readmisión da compañeira PIlar Botana, despedida polo hotel NH en Compostela. Tras estas siglas que nada din, tras esta fachada de pedra, luz e luxo agóchase a historia de sempre: o capitalismo só ten por obxecto a lei de acumulación, e os traballadores e traballadoras non somos máis que cousas ao seu servizo, mercadoría en definitiva. Non o van ter fácil con nós, a rúa seguirá sendo nosa e con ela a ferramenta que herdamos dos nosos devanceiros: a loita sindical.