CONTINÚA A MOBILIZACIÓN CONTRA A REPRESIÓN EN NH-HOTELES

CONTINÚA A MOBILIZACIÓN CONTRA A REPRESIÓN EN NH-HOTELES

8

Este venres 23 de Setembro, a partir das 20:30, volveremos a concentrarnos ás portas do hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela para esixir a readmisión da nosa compañeira Pilar Botana, despedida por esixir os seus dereitos e formar parte activa do noso sindicato. Desde a CUT, chamamos á solidariedade de todas e todos pois o que está en xogo é a nosa dignidade como clase traballadora.