CONCENTRACIÓN NO NH DE VIGO

CONCENTRACIÓN NO NH DE VIGO

6

O xoves 22 de setembro, ás 20 horas, terá lugar unha concentración diante do hotel NH de Vigo en sinal de protesta polo despedimento de dúas compañeiras da CUT. A dirección prepotente da empresa decidiu iniciar un camiño de sobreexplotación reducindo o cadro de persoal para obter maiores ganancias. Elixiu en primeiro lugar a dúas afiliadas da nosa central porque saben que se gañan esta batalla terán o camiño libre para despedir a máis compañeiros e compañeiras. Non imos consentirllo.