O GOBERNO SERVIL COS CAPITALISTAS

O GOBERNO SERVIL COS CAPITALISTAS

7

Mentres que en Francia, cun goberno de dereitas, decidiu aplicarlles un imposto especial do 3% ás rendas superiores a 500.000 € (a todas luces insignificante), o goberno do estado español, absolutamente condicionado polos seus compromisos coa oligarquía, non se atreve a tomar nin a máis leve das medidas contra os que provocaron a crise capitalista e explotaron a denominada burbulla inmobiliaria até a súa explosión. O goberno “socialista” do estado, para facer máis tragadeiras as medidas antiobreiras, e cada vez que se dispón a lexislar unha destas medidas, ameaza con aplicar un imposto deste mesmo ou semellante tipo. Ao final nunca se lexisla en contra dunha caste que no estado español controla descaradamente á clase política. Isto ocorreu, de novo, Salgado anunciara o mércores nunha entrevista na Cadea Ser que o Goberno pensaba aprobar un aumento da presión fiscal ás grandes fortunas. Concretamente, dixo que “Para un imposto novo sobre grandes fortunas non hai tempo. Para aumentar a presión sobre as grandes fortunas, permítame que esperemos ao venres. Finalmente no Consello de Ministros de hoxe, venres, onde, xunto coa consabida modificación constitucional, aprobáronse novas medidas que redundan nas políticas favorecedoras dunha maior precarización do mercado laboral: rematar co límite de encadear contratos temporais e un novo contrato de formación disto non se falou para nada. Preguntado ao respecto, o ministro Portavoz, José Blanco, limitouse a dicir que “é evidente que este tema non se abordou no Consello de Ministros porque, si se abordara, eu informaría diso”. Sabemos a que intereses serve o goberno actual e o que segundo parece gobernará despois do 20 de novembro. Estamos expectantes diante da actitude dos grandes sindicatos aos que vimos reclamando un maior compromiso de clase e a convocatoria doutra folga xeral que poña en valor á clase da que somos representativos. Nós continuaremos coas mobilizacións neste sentido. Non temos outra saída.

FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!!