FOLGA EN PROCSA-ALFRÍO

FOLGA EN PROCSA-ALFRÍO

13

Os días 18, 23 e 25 de agosto farase folga en PROCSA-ALFRÍO, con maioría sindical da CUT. Despois das exitosas concentracións a reacción da empresa foi reter a paga extra durante varios días como medida de presión, medida que só serviu para aumentar o descontento entre a plantilla de traballadores e traballadoras. A suba salarial condicionada á asisntencia ao traballo, aínda que esteas enferma ou teñas que acudir a unha cita médica, non vai ser aceptada baixo ningún concepto polos traballadores e traballadoras; nós gañamos o salario todos os días e se hai baixas médicas débese a que deixamos a nosa saúde para xenerar plusvalía a esta empresa, traballando xa nalgúns casos cerca dos corenta anos. Porque non se preguntan de onde veñen os problemas de saúde? Por outra banda a empresa argumentou unha suposta situación de crise nas súas vendas, de falta de traballo e curiosamente, cando a empresa pechou do 22 de xullo ata o vindeiro día 17 por vacacións, como fai todos os anos, contrataron a persoal alleo para ir traballar. Curiosa esta falta de carga de traballo. O Comité de Traballadores e traballadoras de PROCSA-ALFRÍO, apoiado polos compañeiros e compañeiras, chama a solidariedade de clase porque o problema non é dun centro de traballo, o problema é de todos e todas nós. Quérennos escravizar.