MANIFESTACIÓN DO NAVAL EN VIGO

MANIFESTACIÓN DO NAVAL EN VIGO

10

O xoves 21 de xullo comezou un novo camiño na pelexa por salvar o sector naval, chave na economía da comarca de Vigo. Ese camiño ten que estar marcado pola solidariedade e a xenerosidade manifesta de todas as organizacións sindicais, políticas e sociais, pero fundamentalmente debe deixar de lado os intereses partidarios e os intentos de sacar rendabilidade política ou de calquera outra índole. A resposta debe ser de todos os traballadores e as traballadoras de Vigo, e por extensión de Galicia enteira. Non podemos caer no erro, nas nosas análises, de central o problema nun tema conxuntural como é o tax lease, pois se ben é certo que este pode levar á morte definitiva do naval non é menos certo que o problema de fondo está marcado polo modelo produtivo imposto nos últimos anos. Onte a CUT estivo secundando a manifestación, e por moito que agochen as nosas siglas seguiremos nesta que é a nosa loita, coma calquera outra que afecte á clase traballadora. Facemos un chamamento público á toma das rúas e á unidade sindical sen condicións , en pé de igualdade, para salvar este momento histórico. Sobran motivos.