CONCENTRACIÓN DA SECCIÓN SINDICAL DA CRTVG

CONCENTRACIÓN DA SECCIÓN SINDICAL DA CRTVG

10

A Sección Sindical da CRTVG da CUT, onde temos a maioría sindical, convoca a unha concentración o venres 29 de xullo no SMAC da Consellería de Traballo, en Compostela, ás 11 horas. Esta concentración coincide coa data na que están citadas a empresa e os delegados expedientados pola mesma por mostrar aos seus compañeiros a información lexítima á que tiñan dereito.A reacción da empresa foi a de sancionalos, é dicir, a represión para evitar que a información á que todos e todas temos dereito sexa patente da empresa, sexa elemento de distorsión e manipulación.Os traballadores e traballadoras non podemos ficar mudos ante estas actuacións mafiosas, é a nosa obriga defendernos coa solidariedade, pois cando un ou unha de nós sufre, sufrimos todas e todos.