OS COMITÉS DE EMPRESA DA LIMPEZA NO SERGAS ANTE O CONCURSO DA...

OS COMITÉS DE EMPRESA DA LIMPEZA NO SERGAS ANTE O CONCURSO DA CONTRATA

11

Os Comités de Empresa da Limpeza dos H. Clínico – Xil Casares e H. Provincial – H. Psiquiátrico diante da recente saída a concurso da contrata de limpeza queremos manifestar o seguinte: 1º) Que non imos admitir a imposición de novas condicións de traballo (cambio nos horarios, nas zonas de traballo, nas tarefas,…) vía prego de contratación, isto é “vía decreto”, sobre todo tendo en conta que moitas desas condicións xa foron discutidas coa actual empresa concesionaria do servizo sen que se levasen á práctica ao concluír que nada resolvían, xeraban novas problemáticas e, nalgún caso, xa foran denunciadas na Inspección de Traballo dando a razon ás traballadoras. 2º) Que nos devanditos pregos de contratación non se establece un mínimo de presenzas diarias necesarias demandadas polo SERGAS. Pola contra, déixase a porta aberta a que as empresas oferten segundo o seu criterio, sen tan sequera esixírselles o cumprimento das presenzas actualmente existentes. ¿Significa isto que se van aceptar menos das actualmente existentes?. ¿A ninguén lle importa a calidade do servizo?. 3º) O presente concurso sae con 685.000 euros menos que o anterior concurso de 2006. Se temos en conta os incrementos de custes nestes anos (salarios, materiais, etc.) e as débedas ao conxunto do plantel pola carreira profesional (desde 60 euros ao mes ata 120 nalgúns casos), queda claro que a cuantía económica é  manifestamente insuficiente e que dito recorte pode ser o anticipo doutros de toda índole neste servizo co conseguinte resentimento na calidade dun servizo tan importante como o da limpeza hospitalaria. 4º) Resulta tamén preocupante que esta contrata saia coa posibilidade de ser dividido en catro lotes distintos (Clínico, Xil Casares, Provincial e Psiquiátrico), o que ademais de seguir contribuíndo a o empeoramento do servizo ten como fondo buscar a merma da forza e unidade das traballadoras. 5º) Diante desta situación, ambos Comités de Empresa queren facer unha denuncia pública, ademais de anticipar que van empregar todos os recursos legais para impedir este despropósito. Asimesmo, queremos deixar claro que de levarse adiante estas medidas recollidas no prego, serán entendidas como un ataque grave aos nosos dereitos e, polo tanto, serán respondidas como tal.