A CUT GAÑA AS ELECCIÓNS EN HERMANOS SEOANE

A CUT GAÑA AS ELECCIÓNS EN HERMANOS SEOANE

9

Este luns celebráronse as eleccións sindicais nesta empresa de carpintería compostelá, acadando o candidato da CUT, Francisco Javier Caneda Rendo, doce votos fronte aos sete obtidos pola candidatura da CIG.

Desde a CUT amosamos o noso agradecemento aos traballadores e traballadoras deste centro de traballo polo apoio deposiado na nosa central, ao tempo en que enviamos ao novo delegado de persoal os nosos parabéns polo resultado alcanzado.