COMEZAN AS MOBILIZACIÓNS EN PROCSA-ALFRÍO

COMEZAN AS MOBILIZACIÓNS EN PROCSA-ALFRÍO

11

Unha vez máis a parte empresarial está a levar as negociacións do convenio de cara a parámetros inadmisibles para a clase traballadora. A negociación do convenio en PROCSA-ALFRÍO, con maioría sindical da CUT (seis dos nove delegados e delegadas que conforman o Comité de Traballadores/as) está nunha situación de parálise ante a actitude da patronal, que intenta, coa escusa da crise, facer que sexamos os traballadores e traballadoras as que subvencionemos as súas ganancias co noso salario. A asemblea de traballadores e traballadoras, con dignidade e valentía, decidiu comezar a mobilizarse facendo, de momento, concentracións diante da empresa os martes, mércores e xoves ás 11 horas da mañá e ás 18 horas da tarde. Con esta medida estase a dar unha oportunidade á empresa para que reflexione sobre as consecuencias que tería tentar someter a nosa dignidade aos seus intereses económicos.