O COMITÉ DE CLECE USC FICOU SEN CONSTITUÍR

O COMITÉ DE CLECE USC FICOU SEN CONSTITUÍR

5

A Sección Sindical da CUT no centro de traballo da empresa prestadora do servizo de limpeza da USC, Clece SA, adoptou un compromiso sindical coherente coa realidade laboral dese centro, no que nós, limpadoras e mulleres, somos a maioría das traballadoras do mesmo. Este compromiso que se veu reflexado no noso programa electoral, pasa por alentar a representatividade real, co horizonte de que alí onde as mulleres somos maioría, nos representemos a nós mesmas e teñamos o peso decisivo nas entidades de representación colectiva das traballadoras e traballadores. Por iso a CUT vén de esixir na xornada de constitución do Comité de Empresa que a presidencia deste organismo sindical sexa ostentada por unha muller, como urxencia para comezarmos a traballar nunha democracia sindical que visibilice a nosa voz, postergada no sector da limpeza longo tempo. Proposta que non foi, polo de agora, acollida, e supuxo o bloqueo da constitución do dito Comité. Nunha composición na que UXT e CCOO suman catro representantes, a CIG outros catro, e a CUT, en minoría, a representante chave para darlle unha solución en chave nacional, feminista e de clase á representación colectiva, non apoiaremos a candidatura á presidencia da central maioritaria mentres a CIG non faga unha reflexión interna co obxectivo de non reproducir erros do pasado, nos que viñemos recaendo decote todas as centrais sindicais, e decida candidatar finalmente para a presidencia a algunha das compañeiras desa central, decisión que si será apoiada polo noso sindicato, dándolle así unha resolución positiva a unha nova maneira de entender a representación colectiva nos sectores feminizados do traballo.