RESOLUCIÓN DA XORNADA DE REPRESIÓN SINDICAL

RESOLUCIÓN DA XORNADA DE REPRESIÓN SINDICAL

6

O contexto histórico actual do capitalismo impón medidas económicas, políticas e represivas de carácter global, a única diferenza apreciábel está na graduación desas medidas; que  varía en función do marco xeográfico onde se aplican. As nacións sen estado quedan pois sometidas a unha dobre represión: a de clase e a do imperialismo. O caso do Estado español é un claro exemplo desta dobre represión, para cuxa aplicación non dubida á hora de crear un marco supostamente lexítimo e democrático, marco que reforzan os organismo internacionais ao servizo do capital, co que dar cobertura ás medidas máis antidemocráticas e contrarias á clase traballadora que poidamos imaxinar. Froito desta condicións, unidas á crise sitémica á que nos enfrontamos, son pois as medidas represivas adoptadas que levaron a prisión a moitos compañeiros e compañeiras. En consecuencia, e prevendo unha maior represión sobre os compañeiros e compañerias que optan pola defensa lexítima dos seus intereses de clase, os sindicatos asistentes a estas xornadas (LAB DE EUSKALHERRÍA , INTERSINDICAL E FSOC DE CANARIAS, CSI de ASTURIAS, INTERSINDICAL VALENCIANA e CGPT de PORTUGAL) reclamamos o noso dereito á defensa dos intereses da clase traballadora coa lexitimidade que nos outorga pertencer aos explotados e non aos explotadores. Así mesmo esiximos:             1.- A inmediata absolución do compañeiro Rafa Díez, Ex-Secretario Xeral de LAB, e de todos os compañeiros e compañeiras encausados inxustamente neste proceso e noutros que están abertos en EuskalHerría.             2.- A inmediata posta en liberdade dos compañeiros da CUT, Miguel Nicolás e Telmo Varela, traballadores do naval presos nas cadeas españolas polo seu traballo sindical.             3.- O cese da persecución sindical de todos os traballadares e traballadoras que optan pola defensa dos seus intereses de clase en calquera punto do Estado español.             4.- O recoñecemento do dereito de autodeterminación para todos os pobos. E condeamos unanimemente ao sistema capitalista como causante directo da inxustiza, a desigualdade e a represión progresivamente aceleredas que estamos a sufrir os traballadores e traballadoras.   En Vigo, 24 de xuño de 2011