PROGRAMA DAS XORNADAS CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL

PROGRAMA DAS XORNADAS CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL

11

O vindeiro venres 24 de xuño desenvolveremos no local comarcal de Vigo unhas xornadas nas que se analizará a situación represiva que estamos a sufrir os sindicatos de clase no Estado español e en Portugal. A xornada dividirase en dúas partes. A primeira consistirá dunha xuntanza de traballo, en quenda de mañá, á que acudirán delegados e delegadas da CUT, cadros sindicais da Central e as delegacións internacionais. Despois dun xantar de confraternidade, xa de tarde, e aberto a todas aquelas persoas que desexen acompañarnos, debateremos sobre a conxuntura represiva no sindicalismo de clase en Portugal e o Estado español para o que contaremos coa presenza de compañeiros e compañeiras da CGTP-IN de Portugal, FSOC e a Intersindical de Canarias, CSI de Asturies, e LAB de Euskal Herria, ademais das análises que nos fixeron chegar da Intersindical Catalá e do SAT andaluz. A continuación os avogados José Luis Raizabal, responsábel do gabinete xurídico de LAB, Simón Concepción, membro da asesoría xurídica da FSOC e Gustavo García, destacado avogado galego defensor dos dereitos civís, participarán nunha mesa redonda onde trataremos de ver as ferramentas necesarias para evitar a indefensión diante do sistema. Para rematar a tarde contaremos con Dionisio Pereira que nos presentará o libro “Loita de clases e a represión franquista no mar (1864 – 1936)”.  Pechará a xornada Ricardo Castro, Secretario Xeral da CUT. Programa das Xornadas contra a Represión Sindical