TODO LISTO PARA O II FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA

TODO LISTO PARA O II FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA

10

Xa está todo listo para que o vindeiro sábado 25 de xuño teña lugar o II Festival da Cultura Proletaria. Nos últimos días a militancia da CUT traballou arreo para que todo estea preparado no C.S. A Tiradoura de Cangas. Como se ten adiantado, o festival dará comezo ás 12 da mañá cunha foliada a cargo do grupo de música tradicional Chancarrandaina e coa conducción de Luís “O Carncho”. Ás 14,00 horas comezará o xantar popular de romaría que discorrerá ate as 16 horas que se pechará o servicio de cociña. Pola tarde haberá un taller de xogos para meniños e xogos para os máis maiores, para darlle paso o recital poético a cargo de: Xiana Arias, Chus Pato, Xabier Cordal e X.L. Méndez Ferrín. A partir das dazanove horas e ate a 1´30 da madrugada ó escenario de A Tiradoura, irán subindo por este orde os grupos; a banda de Jazz, Balea´s Blues Quintet, logo farano Das Kapital, a continuación o grupo coruñés Skarallaos e rematará o festival a banda Skarnio. Para calquera ampliación na información do II Festival da Cultura Proletaria podedes chamar ó teléfono da CUT do Morrazo 986 392003. Esperámosvos o sábado en Cangas.