A CUT MEDRA EN VOTOS E MANTÉN A REPRESENTACIÓN EN CLECE DA...

A CUT MEDRA EN VOTOS E MANTÉN A REPRESENTACIÓN EN CLECE DA USC

11

Nas eleccións sindicais celebradas onte en Clece S.A. do servizo de limpeza da USC, a CUT logrou aumentar o seu número de votos mantendo a representación que ostentaba no Comité de Empresa. Cun programa electoral no que se demanda a equidade salarial entre mulleres e homes, a transparencia nas decisións do Comité e a fin do caciquismo e os tratos de favor coa empresa, a CUT permanecerá no Comité, no que estamos desde o noso nacemento, demandando un sindicalismo diferente e coherente nos seus principios.