A Lei de Familia do Goberno Feijóo

A Lei de Familia do Goberno Feijóo

13

Tomando como pretexto o envellecemento da poboación e o “apego da sociedade galega ás súas tradicións e valores tradicionais”, o goberno do PP pretende aprobar a Lei de apoio a familia e a convivencia de Galicia, unha lei que pretende converter as mulleres en simples “incuvadoras”, que deben ter como primeiro e único fin o nacemento dos fillos. Dende a Secretaría das Mulleres da CUT queremos mostrar o noso rexeitamento a este anteproxecto entre outras cousas:

  1. Porque está pensado para apoiar a un único modelo de familia: o que se predica dende os púlpitos das igrexas.
  2. Porque non ten en conta logros conseguidos polas mulleres como dereito ao aborto e a unha sexualidade libre entre outros.
  3. Porque en lugar de progresar en leis e decretos xa existentes, de apoio á convivencia, crea o Consello Galego de Familia e desmantela o Servizo Galego de Igualdade.
  4. Porque este anteproxecto deixa os servizos sociais en mans de ONGs e entidades caritativas.
  5. Porque invisibiliza o traballo de reprodución social que realizamos as mulleres (tarefas domésticas, afecto, apoio, coidado, educación, etc.) de forma gratuita e escaso recoñecemento social, sen o cal sería imposible o mantemento da sociedade.
  6. Porque a privatización dos servizos de atención a menores, maiores e persoas dependentes agrava o actual modelo de coidados, que se sustenta no traballo de mulleres migrantes baixo condicións de extrema precariedade e inseguridade xurídica e laboral, empeorando polo tanto a súa situación  opresión.

A Secretaría das Mulleres da CUT reivindica a adopción de medidas que:
 

  • Promovan, con solvencia, a corresponsabilidades entre homes e mulleres á hora de asumir tarefas e coidados.
  • Dirixanse a conquerir horarios laborais racionais, flexibles e compatibles coa vida fóra do trablallo, e que non estén só baseados na productividade e no beneficio empresarial.
  • Garantan o carácter público dos servizos de protección social e atención, xa que só con esta premisa garantimos o acceso en igualdade a toda a cidadanía e o mantemento dos mesmos.
  • Respecten e traten por igual todas as formas de convivencia e de organización familiar.
  • Respeten o dereito ao desenvolvemento pleno, a realización e autonomía das mulleres, no canto de reservarnos o papel de responsábeis pola natalidade e a providencia.
  • Recoñezan, poñan en valor e socialicen o traballo realizado polas mulleres, incrementando as partidas orzamentarias destinadas ao gasto social, como educación, asistencia sanitaria ou servizos sociais.

http://feminismo.org/nonaleidefamilia/
A IGUALDADE NON É RECORTABLE!!!