NA LAMA, UNHA VEZ MÁIS CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL

NA LAMA, UNHA VEZ MÁIS CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL

11

  O pasado dominGo estivemos na cadea de A Lama reclamando a liberdade de Telmo Varela e de MIguel NIcolás, este último atópase dispersado na prisión asturiana de Villabona. O sindicato fixo fincapé na necesaria solidariedade de clase para afrontar a represión á que nos está a someter o sistema capitalista, deixando ben claro que non vai caer na trampa das etiquetas creadas pola policía. Os traballadores e traballadoras sabemos que nos están a recortar todos os dereitos ao tempo que aumentan a nosa explotacion e precariedade, sabemos que para defendernos, e como se fixo dende que aparece o capitalista, precisamos da máis valiosa das ferramentas que temos: o sindicalismo. Queren criminalizarnos e facernos pasar polo que non somos para evitar que os traballadores e traballadoras sexamos de reaccionar. Aqueles e aquelas que non o entendan estarán a facerlle o xogo ao capital.