VIGO, 24 DE XUÑO: XORNADA FRONTE A REPRESIÓN SINDICAL

VIGO, 24 DE XUÑO: XORNADA FRONTE A REPRESIÓN SINDICAL

8

O venres día 24 de xuño, vai ter lugar organizada polo noso sindicato un encontro que leva como título XORNADA FRONTE A REPRESIÓN SINDICAL, na que participarán corenta cadros sindicais de todas as comarcas do país, e abordarase a represión e criminalización do sindicalismo de clase en todas as súas vertentes. Ademais estarán connosco representantes doutros sindicatos, doutras nacións. Xa teñen confirmada a asistencia: LAB de Euskal Herria, CGTP-IN de Portugal, FSOC e IC das Illas Canarias e CSI de Asturias. Estando pendentes de confirmación os compañeiros do SAT de Andalucía. Cada unha das delegacións sindicais farán unha apartación ó respecto da situación nos seus países. Haberá tamén unha mesa redonda a cargo de tres avogados, que abordarán a cuestión da represión e criminalización sindical desde o punto de vista xurídico e legal. Como colofón da xornada, o historiador Dionisio Pereira fará a presentación do seu último libro: A represión no mar.