FALTAN VINTE DÍAS PARA FACER HISTORIA

FALTAN VINTE DÍAS PARA FACER HISTORIA

6

Xa estamos a poucos días da celebración do II Festival da Cultura Proletaria, a poucos días de marcar unha data para sempre no noso calendario. O cartel do noso festival non podía ser mellor, agora tócanos a nós respostar e acudir en masa, e para iso é imprescindíbel a implicación das distintas comarcas e a difusión do evento.Neste ano, ademais do cartel poético, lúdico e músical, contamos tamén coa presenza de delegacións internacionais de sindicatos irmáns; adquirindo o festival proletario a pata que lle faltaba: o internacionalismo.Nos vindeiros días iremos aportando información puntual sobre aspectos organizativos e contidos.Non esquezades reservar o 25 de xuño no voso calendario, hai acontecementos históricos nos que ter presenza é unha auténtica fortuna.