CONCENTRACIÓN EN A LAMA

CONCENTRACIÓN EN A LAMA

10

O domingo día 12 de xuño, ás 12 horas, a CUT organiza unha concentración diante da prisión de A Lama reclamando a liberdade de Telmo Varela, preso dende o día 9 de marzo. Aproveitaremos tamén para denunciar a dispersión de Miguel Nicolás á prisión asturiana de Vilabona, orde que viu dada pola dirección da prisión de A Lama. Aqueles e aquelas de vós que queirades acudir chamade ao local de Vigo ao teléfono 986220639 ou ao local de Cangas ás 986392003. Estamos a organizar autobuses ao prezo de cinco euros por persoa con saída ás 10:30 horas dende o antigo reitorado de Vigo, na rúa Oporto, e dende a Alameda de Cangas ás 11 horas. A presenza de cada un e cada unha de nós é importante para mostrar a solidariedade cos compañeiros detidos. TELMO, MIGUEL LIBERDADE!!