TAMÉN EN GUADALUPE CRIMINALIZAN O SINDICALISMO DE CLASE

TAMÉN EN GUADALUPE CRIMINALIZAN O SINDICALISMO DE CLASE

10

Guadalupe, é unha nación caribeña que segue a ser colonia de Francia, desde o ano 1635. O forte movemento de liberación nacional é duramente reprimido. Todo que cheire a Gwada, é reprimido e criminalizado. Este é o caso do Unión Xeneral de Traballadores de Guadalupe UGTG. Sindicato de clase, que como noso pertence e é fundador da Plataforma Sindical de Nacións sen estado.

Setembro 2002: Catro asalariados de Texaco, unha empresa en liquidación xudicial e en mans duns xerentes nefastos, deciden retomar o negocio autoxestionándoo Póñense 16 camioneiros en folga. Cando parece que se chega a un acordo para o traspaso do negocio, o xerente da rede Texaco, M. Laroque, bótase atrás.

 

Texaco retoma a súa actividade axudado pola policía e a xendarmaría (que fornece o prefecto [Delegado do goberno]). Contrata algúns intermediarios e despide os traballadores en folga. Todo isto de maneira ilegal e malia a intervención dun inspector de traballo. Celébrase un xuízo en xuño de 2003.

14 de novembro 2002: Organízase unha asentada pacífica na cal a policía acaba cargando, insultando (de xeito racista) e detendo aos manifestantes.

Fred LOUISE, militante do sindicato é levado ao hospital de Basse-Terre cun brazo e varios dedos rotos. Unha vez traslado ao policlínico de Pointe-à-Pitre, Fred conta para o xornal La Une de Guadeloupe as torturas recibidas en presenza do Delegado do goberno, Lelay.

Gabriel BOURBUIGNON, dirixente sindical da UGTG, achégase para axudar ao seu camarada e recibe o mesmo trato: insultos racistas, patadas, puñadas e porradas que lle deixan graves lesión na orella dereita e no ollo, así como múltiples microfracturas. Trasládano á xendarmaría de Saint-Claude e négaselle o contacto co seu avogado ata o día seguinte. Encarcérano o 26 de novembro de 2002 e sae un mes despois baixo unha fianza de 100 000 francos.

Séguelle a todo isto unha campaña de criminalización da UGTG levada a cabo polo Delegado de goberno, a patronal e os medios de comunicación.

Michel MADASSAMI, militante da UTPP-UGTG, está imputado por, supostamente, agredir a 16 policías ese mesmo día.

Fred LOUISE, Gabriel BOURBUIGNON e Michel MADASSAMI comparecen diante do tribunal por militar nunha organización sindical e loitar polo dereito ao traballo pola dignidade do pobo de Guadalupe e pola transformación das relación sociais.

A xustiza francesa está a reprimir duramente o movemento obreiro de Guadalupe con procesos que violan as liberdades fundamentais, sobre todo o dereito a reivindicar e a loitar polas reivindicacións, con arrestos, multas, cárcere etc. Xa son máis de 30 os dirixentes e militantes condenados pola xustiza.

Oobxectivo é de asustar á clase traballadora, condenar calquera que se atreva a contestar, desacreditar, criminalizar e sobre todo, desprestixiar os acordos que asinou coa LKP (colectivo de organizacións sindicais, sociais, políticas e culturais de Guadalupe).Desde a CUT, solidarizámonos coia UGTG e súa militancia e simpatizantes  que se van a mobilizar o día 20 de maio diante dos xulgados  de Pointe-à-Pitre para dicir: NON Á REPRESIÓN- AS/OS SINDICALISTAS NON SON CRIMINAIS!