Irregularidades salariais nos contratos temporais do Concello de Bueu

Irregularidades salariais nos contratos temporais do Concello de Bueu

13

A CUT vén de presentar unha denuncia perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social contra o Concello de Bueu, polo incumprimento manifesto e reiterado no abono dos salarios ós traballadores e traballadoras contratados. Incriblemente o Concello abona ós traballadores e traballadoras un salario aleatorio que en nada ten que ver co pactado en Convenio Colectivo e que nalgúns dos casos pode supoñer a metade do que legalmente deberían percibir. Desde a CUT esiximos do Concello a inmediata normalización salarial, por supoñer un gravísimo quebranto ós dereitos dos traballadores e traballadoras. Por outra parte, facemos un chamamento a todos as persoas afectadas a denunciar e reclamar os seus dereitos por estar garantidos no Convenio Colectivo.