CONCENTRACIÓN NO MERCADO DE TEIS

CONCENTRACIÓN NO MERCADO DE TEIS

15

O xoves 26 de maio fixemos unha nova concentración reclamando a liberdade de Telmo Vareal e Miguel Nicolás. A CUT estivo de novo na rúa acompañada da clase traballadora que, como non poidía ser menos, solidarizouse cos compañeiros detidos. Sabemos que a patronal está artellando a campaña do medo, unha campaña cuxa única finalidade e condicionar a mobilización da clase traballadora con ameazas e silenciando a combatividade que están a mostrar noutros estados da Unión Europea do capital, nomeadamene en Grecia.Somos os traballadores e traballadoras as que estamos ameazadas polo capital, e seremos tamén nós os que deamos a resposta e liberemos a Telmo e Miguel. O día 12 de xuño continuamos coas moibilizacións indo á prisión de A Lama.