A CUT, A CENTRAL MÁIS VOTADA NA CRTVG

A CUT, A CENTRAL MÁIS VOTADA NA CRTVG

10

O 12 de maio tivo lugar o terceiro encontro eleitoral na CRTVG no lugar de Sam Marcos (Compostela) onde a CUT se asentou definitivamente como a central sindical máis votada, non só na TVG, como adiantabamos na semana pasada, senón no conxunto das empresas da entidade pública de radiotelevisión de Galicia.

A convocatoria eleitoral na Rádio Galega, que elevou a representante dos traballadores e traballadoras o companheiro Raúl Vilares Vilar, encerra o ciclo eleitoral nos centros de traballo de San Marcos cun balanzo óptimo para a CUT canto ao apoio da nosa proposta sindical alternativa por parte do conxunto das traballadoras e traballadores deste complexo.

Isto á espera dos resultados eleitorais da Radio Galega da delegación da Coruña, onde a CUT apresentará candidatura para o delegado de persoal a elixir, e para podermos así achegar os dados definitivos referentes ás eleccións sindicais nas delegacións da CRTVG nas cidades galegas, nas cales por agora a CUT conta con cinco delegados/as de persoal, sobre os/as sete representantes eleitos/as nas delegacións até o dia de hoxe, e que non vén máis do que a referendar o carácter referencial das compañeiras e compañeiros da CUT na CRTVG.

A Central Unitaria de Traballadores/as, que se apresentou cun programa sindical na defesa do carácter público da CRTVG, pola consolidación de postos de emprego, na defensa da normalización lingüística neste meio e con especial incidencia na necesidade dunha nova etapa caraterizada polo asemblearismo e transparencia absoluta na representación colectiva, sumou nestas convocatorias 178 votos, que representan 28 % dos votos válidos emitidos en cadidaturas.