O SEU PACTO SOCIAL

O SEU PACTO SOCIAL

14

UGT, CCOO, PSOE e demais herbas veñen de asinar o segundo pacto social desta farsa que eles chaman democracia. Novamente quedou ben claro que os que somos maioría, os traballadores e traballadoras, no seu capitalismo parlamentario quedamos convertidos en minoría silenciada; fóra do poder estamos os súbditos.Esta nova reforma, vendida polos vendidos como un grande éxito (será para os seus petos aburguesados), incide aínda máis na nosa ruína; pero que non se confíen, o pobo remata por se cansar e pedir contas. Para xubilármonos aos 65 anos precisaremos 38,5 cotizados, para xubilármonos co 100% aos 67 precisamos 37 anos de cotización. Para prexubilarnos precisamos ter cumpridos 63 anos e 33 de cotización. O período de cómputo aumenta de 15 a 25 anos, o que suporá un descenso das pensións arredor do 25%. Dende o ano 2027, e cada cinco anos, revisarán o sistema de pensións, e xa sabemos en que sentido.Os parados e paradas cotizarán pola base mínima ata os 24 meses, se son de máis tempo poderase imputar un valor do 50% da base mínima a cargo do cotizante.A axuda aos parados e paradas de longa duración queda en 400 euros só para os que as súas rendas non superen o 75% do SMI (481,05 EUROS), o tempo máximo de cobro serán 6 meses dende a aprobación da lei.Hai outros aspectos que aínda non están definidos nin claros pero que fan pensar en medidas, todas elas, que aumentarán a presión sobre o proletariado en todos os aspectos: sociais, económicos, laborais, culturais…