AS “ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS” UGT E CCOO ASINAN A NOSA MISERIA

AS “ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS” UGT E CCOO ASINAN A NOSA MISERIA

7

 Estas dúas organizacións que se autoproclaman sindicatos veñen de asinar unha nova traizón ao pobo traballador. Despois de “durísimas” negociacións confirman que para xubilármonos aos 65 anos teremos que traballar 38,5 anos, cousa que será moi fácil cunha taxa de paro do 20% e con contratos maioritariamente temporais. Por se non fora pouco tamén cambian os anos de cálculo de 15 a 25, seica non chegaba cos 20, e a xubilación parcial súbenna aos 63 anos.Estes datos terán como consecuencia que moitos e moitas de nós teremos que traballar ata os 67 e que moitas das pensións que se cobrarán veranse reducidas un 25%, NIN MÁIS NIN MENOS!! QUE GRANDES NEGOCIADORES!! e temos que recordar que a realidade dos salarios medios en Galicia aínda é peor, e eles negocian pensando que vivimos en Madrid.Eso sí, nas negociacións tiveron un éxito aínda máis destacábel, 25 millóns de euros en subvencións para estes ¿SINDICATOS?Se isto é sindicalismo…