O 27 DE XANEIRO FOLGA E MANIFESTACIÓN

O 27 DE XANEIRO FOLGA E MANIFESTACIÓN

16

 

A CUT segue o seu traballo de cara ao éxito da Folga Xeral. A realidade do noso país demanda unha resposta contundente ante os ataque do capital, que baixo a escusa da crise están a reformular o sistema incidindo na precarización da nosa vida laboral e da nosa existencia despois da xubilación.Nos despachos do Estado español están a cociñar o segundo pacto social da restauración borbónica os mesmos que nos deixaron sen voz e sen soberanía impondo a súa “legalidade”. CCOO e UGT deixan de lado ao proletariado para negociar a xestión das pensións privadas, pero a clase obreira tomará nota de quen está ao seu carón e quen non.A CUT chama á clase obreira galega a unha nova xornada de loita e logo a xuntar as nosas voces na manifestación que sairá da Praza de Fdo. O Católico en Vigo ás 11:30 h. No resto das comarcas do país informaremos das mobilizacións nos días previos.ADIANTE A FOLGA XERAL E VIVA GALIZA CEIBE E PROLETARIA!!