SUBEN OS DESPEDIMENTOS OBXECTIVOS COA REFORMA LABORAL

SUBEN OS DESPEDIMENTOS OBXECTIVOS COA REFORMA LABORAL

8

Os despedimentos obxectivos soben o 13% tras a reforma laboralSabiámolo e denunciámolo en moitas ocasións, a reforma laboral non repercutirá favorablemente no emprego, todo o contrario, facilita o despedimento gratis e precariza, aínda máis as relacións laborais e o pouco emprego que quede.

A presión que exerce esta situación de inestabilidade laboral xeral sobre os traballos e traballadores aínda con contrato indefinido é tal que as reivindicacións laborais e económicas tenderán a ser poucas ou inexistentes porque a oferta de traballadores/as ansiosos/as por traballar de calquera xeito freará o exercicio reivindicativo.

Xúntanse, deste xeito nunha teaza os elementos que o goberno e a patronal configuraron para que os traballadores e traballadoras rematásemos pagando a súa crise co menor custo para eles.  Por un lado lexíslase para que o despido sexa gratis total, por outro as novas contratacións fanse coa precariedade que o capital estableza, afortalando a idea de que os traballadores e traballadoras con contrato indefinido son uns “privilexiados” queren, por tódolos medios ao seu alcance, facer que estes traballadores/as se consideren como tais para que non se movan non vaia ser que perdan ese “privilexio”.

Esta nosa certeza confírmase coas estatísticas, así os despedimentos por causas obxectivas incrementáronse un 13,3% (5.298 máis) entre os meses de xullo e outubro en comparación co mesmo período do ano anterior. Nese período producíronse 45.061 despedimentos por esta causa, fronte aos 39.763 dun ano antes. E isto prodúcese xusto nos meses posteriores á entrada en vigor da reforma laboral.

Non podemos mirar para outro lado, temos que afrontar a situación e darlle a resposta que merece. Non podemos agardar máis nin retrasar as accións que reclamamos desde fai anos, a mobilización do 29 de setembro non chegou, pero estableceu o camiño, un camiño que os traballadores/as marcaron, superando con creces as expectativas dos sindicatos pactistas que fixeron a convocatoria.

O camiño está trazado, só temos que seguilo. FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!, esta que sexa xa indefinida.