A CUT SOLIDARÍZASE CO TRABALLADOR MIGUEL NICOLÁS APARICIO

A CUT SOLIDARÍZASE CO TRABALLADOR MIGUEL NICOLÁS APARICIO

9

Onte sábado, ás 17 horas, ingresou na cadea de A Lama, o compañeiro Miguel Nicolás Aparicio. Dende a CUT deixamos ben claro o noso apoio e a nosa solidariedade con Miguel, caracterizado pola súa xenerosidade na defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras.O capitalismo español pretende criminalizar a calquera traballador ou traballadora que defenda os seus intereses de clase, xustamente cando as circunstancias laborais ás que nos vemos sometidos e sometidas, cando os dereitos de todos os traballadores e traballadoras son agredidos con total impunidade por parte do estado e dos seus xestores.A CUT acusa e condena a violencia do estado, a violencia da lei, a violencia do paro, a violencia da precariedade, a violencia de xénero, a violencia que supón condear á mocidade a non ter futuro, a violencia da represión… pero nunca acusaremos, condenaremos ou crimiinalizaremos a ningún traballador ou traballadora, porque a CUT, como sindicato de clase, defende ao proletariado.Poñemos pois a disposición de Miguel Nicolás Aparicio os medios cos que contamos para a súa defensa e reclamamos dende xa a súa posta en liberdade.