O SEGUINTE ATAQUE: O COPAGO SANITARIO

O SEGUINTE ATAQUE: O COPAGO SANITARIO

5

Comezan a darse os primeiros pasos para que vaiamos dixerindo, pouco a pouco, o que será o seguinte paso do capital na batalla da capitalización do estado no que, como nos anteriores ataques, de quedármonos tan inactivos como até agora, sairemos perdendo os traballadores/as. En todo este proceso de crise capitalista xa:

  • Capitalizamos os bancos (os causantes da crise) con centos de miles de millóns de euros.
  • Impúxosenos unha reforma laboral que instaura o despedimento libre e gratuíto, que, á súa vez, vota por terra a negociación colectiva e que instaura unhas relacións laborais propias de séculos pasados.
  • Froito da precaria situación laboral anterior á crise, agravada coa reforma laboral, sufrimos a maior taxa de paro de Europa.

Isto demostra, á súa vez, que temos os gobernos que peor lexislan para os intereses de traballadores/as, os empresarios máis avarentos e ladróns de Europa, e uns sindicatos maioritarios que abandonaron a faceta reivindicativa para instalarse na compracencia, limitándose ao reparto do que, graciosamente, tanto empresarios como o estado lles poñía enriba da mesa de negociación.

  • O pouco aspecto social das políticas do estado vai desaparecendo, así os 426 € que viñan cobrando os parados/as de longa duración desaparecen, poñendo a estes traballadores/as en situación de grave perigo na súa subsistencia cotiá. As políticas privatizadoras son práctica común na administración …
  • Mentres aos parados e paradas se lles retira a prestación de 426 € rebáixanselle os impostos aos empresarios.
  • Agora anúnciannos, tamén, que o Banco de España, a través do FROB, destinará outros 8.000 millóns de euros ás caixas para recapitalizarse, (xa gastara 2.155 millóns nunha primeira etapa)
  • Xa temos data para o pensionazo. Etc, etc, etc.

Despois de todo isto e máis, comezan co xogo para que vaiamos adaptándonos ao seguinte paso que, como vos dixemos noutras ocasións, será o copago sanitario.Día 5/12/2010 a Unión Europea recomenda o copago na sanidade. Día 6/12 2010 o estado español non planea introducir o copago na Sanidade. Unha vez máis comeza o espectáculo de afirmacións e sucesivos desmentidos que conducirá, se non o impedimos, a que paguemos dúas veces polas prestacións sanitarias, unha mediante os impostos (incluíndo o desconto directo na nómina) e, cando aproben a medida, tamén coa factura, agrandando a espita, xa aberta, da privatización.Asistimos, unha vez máis a unha nova entrega da película da crise económica. A desfeita que orixinou o capital, coa súa avaricia sen límite, ímola pagar entre todos os traballadores/as.Tócanos a traballadores e traballadoras decidir que final ten esta historia, ou aceptamos que os custos dunha situación que non creamos imos pagalos, placidamente a escote entre todos/as, ou iniciamos xa o movemento de resposta imprescindible para que os efectos da crise os paguen os que a orixinaron.Está na nosa man. FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL, ESTA QUE SEXA INDEFINIDA!!!.