O PENSIONAZO XA TEN DATA. PARA CANDO OUTRA FOLGA XERAL?

O PENSIONAZO XA TEN DATA. PARA CANDO OUTRA FOLGA XERAL?

9

O Goberno do Estado que votou a andar a reforma laboral (a que facilita e abarata o despido pero que nola meteron dicindo que era “para crear emprego”). Sabiamos daquela e comprobamos agora, mes a mes, que o paro segue medrando até límites insoportables.Os “socialistas” que nos gobernan veñen de anunciar que vai rematar o subsidio para parados/as (426€), unha mísera cantidade que para moitos traballadores/as representaba a diferenza entre ter que depender do “auxilio social” (caridade) e sobrelevar aínda que pauperrimamente o mes. No mesmo acto o Goberno do Estado anunciou a rebaixa na fiscalidade das empresas. Dalgún sitio teñen que saír os cartos.O Goberno do Estado que debería velar polos intereses da cidadanía mantendo e capitalizando as poucas empresas públicas que quedan, acaba de anunciar a privatización, iso si parcial, dos aeroportos e das lotarías. Este Goberno que só mira polos intereses do capital aplicando as políticas que os mercados, o FMI e o Banco Central Europeo deseñaron para o Estado, ao que non lle preocupa o máis mínimo a situación dos máis desfavorecidos. Que precarizou a situación económica, laboral e social dos traballadores/as, en activo, parados/as e xubilados/as.O Goberno, con fachada socialista pero con políticas radicalmente neoliberais, ven de anunciar que o vindeiro 28 de xaneiro procederá, tamén por decreto, a aprobar a reforma das pensións (o denominado pensionazo).O Goberno do Estado, obediente cos ditames do capital, demostra, unha vez máis, tanto a sociedade en xeral como aos amansados sindicatos maioritarios a súa nula capacidade de acción e a pantomima que para el representan foros como o Pacto de Toledo, aos que utiliza interesadamente.Xa coñecemos as medidas antiobreiras do Goberno do Estado, unhas porque xa as estamos a padecer e outras porque xa teñen data no calendario. Cando coñeceremos o calendario de respostas?. Para cando unha resposta continuada que remate coa aplicación progresiva dunhas políticas que tentan retrotraer a situación dos traballadores/as a séculos pasados?Porque a loita é de clases. Para cando a folga xeral que os/as traballadores/as estamos a reclamar?.Temos que aprender do acontecido, non podemos convocar unha folga tan exitosa como a do 29 de setembro para despois agardar meses sen ningunha outra acción reivindicativa, meses aproveitados polo capital para seguir profundizando na aplicación das reformas que xa ten preparadas.Debemos articular unha resposta continuada que impida que a presión dos mercados, dos grupos de poder económico e dos organismos de poder capitalista (FMI, BCE, UE…) decidan as políticas que vai aplicar o Goberno do Estado, un monicreque nas súas mans. FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!