EN GALICIA MEDRA O PARO E O INMOBILISMO SINDICAL

EN GALICIA MEDRA O PARO E O INMOBILISMO SINDICAL

7

O paro segue a medrar en Galicia por riba da media estatal, onde xa ten uns números de escándalo. No noso país subiu un 3,5% ata situar en 231.721 o total dos parados e paradas, das cales 121.601 son mulleres e 102.293 homes, afectando sobre todo á franxa de idade comprendida entre os 30 e os 44 anos.As conclusións que podemos tirar son varias: a reforma laboral non serve para o que dicían os lacaios do neoliberalismo, as mulleres seguen a sufrir discriminación de xénero tamén no laboral, os mozos e mozas or debaixo dos trinta anos non aparecen nas estatísticas porque  nin tan siquera tiveron unha vez traballo, nin PP, nin PSOE, nin BNG van solucionar os nosos problemas pois a raiz deles está no sistema capitalista do que eles son xestores nunha farsa que chaman democracia.Os vindeiros meses o estado de cousas vai empeorar, e grazas ás medidas sociais da socialdemocracia (suba de impostos indirectos, retirada do mísero subsidio que lle custaba 850 millóns de euros ao estado -canto custarán as armas que usan contra nós?-, reforma das pensións…) imos vivir na miseria. O neoliberalismo levounos a esta ruína e con el queren seguir explotándonos. Xa abonda, é tempo de rebelarse contra a historia e deixar de lado a todos os que din defender os nosos intereses mentres son cómplices co seu inmobilismo.FAN FALTA MIL FOLGAS XERAIS, a mobilización permanente é o camiño. O 16 de decembro, ás 20 horas, dende a Praza de Fdo. El Católico, únete a nosa manifestación.