COMUNICADO DA CUT EN SANTOS (COMPOSTELA)

COMUNICADO DA CUT EN SANTOS (COMPOSTELA)

7

A Central Unitaria de Traballadores/as (C.U.T) na Empresa Santos Baños y Cocinas S.L. denunciou ao longo deste tempo a intención da dirección da empresa de instalar cámaras de video vixilancia nas naves, para controlar todos os movementos dos/as traballadores/as desta fábrica.Nunha xuntanza coa empresa os delegados esixíronlle á dirección que se cumprise estrictamente o acordo da empresa co Comité asinado en xaneiro do 2007 no que esta se comprometía a que as cámaras deixasen de funcionar e apuntasen a ángulos mortos durante a xornada de traballo. Xa daquela os delegados de SANTOS sabíamos o que se aveciñaba. Hoxe, e diante da pasividade da maioría sindical (CIG) deste Comité de Empresa, a Dirección decidiu poñer en funcionamento as cámaras na nave de montaxe durante o tempo de traballo, o que supón unha clara vulneración de dereitos fundamentais amais dunha clara táctica de control de todos e cada un dos nosos movementos durante a xornada de traballo. A Dirección alega que quere combatir os supostos “roubos” realizados por traballadores que teñen lugar na nave de montaxe. Dende a Sección Sindical da CUT queremos deixarlle claro á empresa que NON imos permitir que nos sigan tratando como ladróns.A C.U.T. que vén de denunciar xudicialmente á empresa pola persecución sindical contra un delegado, quere manifestar o seu absoluto rechazo á activación destas cámaras durante a xornada e considera que esta decisión se inscribe no incremento de prácticas de control por parte da Dirección dentro de SANTOS. Así estudará a posibilidade de demandar á empresa por vulneración de dereitos fundamentais.Estamos fartos e fartas de control!!!Non somos ladróns, somos traballadores!!!