COMUNICADO DOS COMPAÑEIROS DA UDC

COMUNICADO DOS COMPAÑEIROS DA UDC

13

Os traballadores pechados nas dependencias da Reitoría da Universidade coa finalidade de que o equipo reitoral cumpra os compromisos adquiridos co colectivo de PAS laboral:

  • Que a Universidade presente unha RPT que corresponda co Plan Estratéxico da Universidade, Programación Plurianual 2009-2010 e os Orzamentos aprobados para 2010.
  • A inmediata execución das promocións comprometidas desde o II Convenio Colectivo (ano 2006).

Ante a falta de resposta da Universidade e pola urxencia que existe no colectivo para que se executen os ditos acordos, motivos que nos levaron a iniciar as accións de protesta.Despois da solicitude da maioría dos sindicatos con representación no Comité de Empresa que consideran que a suspensión do peche podería facilitar o diálogo coa Institución.Coa finalidade de que non se nos poida culpar, tanto a nós coma ao sindicato ao que pertencemos (CUT) de entorpecer a posibilidade de axilizar a execución dos compromisos por parte da Universidade, decidimos SUSPENDER MOMENTÁNEAMENTE a acción que viñamos realizando na Reitoría da Universidade da Coruña.Queremos agradecer as mostras de afecto, cariño e solidariedade mostradas por infinidade de compañeiros/as durante esta acción reivindicativa. Non o esqueceremos nunca.