O PARO SEGUIRÁ MEDRANDO

O PARO SEGUIRÁ MEDRANDO

6

Por moitos discursos que, dende a Xunta ou dende o Estado, dean os representantes do capitalismo os feitos demostran que o crack económico do sistema é a realidade á que nos enfrontamos. Os datos feitos públicos demostran, unha vez máis, que a reforma laboral, feita para o capital e polo capital, só favoreceu o iincremento do paro e a contratación temporal.En Galicia comezamos a carreira por ser os primeiros nos índices de destrución de emprego, e abofé que os “nosos” dirixentes, sexan da cor que sexan, vanse encomendar ao Papa para que lle axude cos seus milagres porque por eles mesmos non son quen de facer nada, abondo teñen con manter as súas cadeiras e manifestarse coa patronal.Dende a CUT dicimos, unha vez máis, que este sistema está en quebra, non serve, e só coa claridade da loita de clases poderemos reverter a situación.  A decisión é de todos e todas nós.Adxuntamos un resumo das estatísticas publicadas polos xestores do sistema. PARO OUTUBRO. Fonte: SPPE.Ministerio Traballo; Publicado o 3-10-10. ESTADO. Parados: OUT-2010: 4.085.976….SET-2010: 4.017.763 (+68.213= +1.7%) Contratación:OUT-2010: 1.346.087…….Indefinidos: 118.422…..Temporais: 1.227.665.OUT-2009: 1.357.868…….Indefinidos: 126.497….Temporais: 1.231.371. GALICIA. Parados: OUT-2010: 223.894…..SET-2010: 216.095. (+7.799= +3.61%)Variación interanual (OUT-2009)= +7.1%.O incremento só é superado por Comunidades por Baleares,C-Mancha e Cantabria Contratación: OUT-2010: 58.920…Temporais: 91.34%….Indefinidos: 8.66%.Variación: con SET-2010= -8.93%……con OUT-2009= -6.65%. Afiliación á Seg. Social: OUT-2010: 1.010.905….SET-2010: 1.020.300 (=-9.395).

 Paro por Sectores: (aumenta en todos) Agro: +728. Servizos: +4.600.Construción: +1.317. Industria: +962. Sen Emprego anterior: +192. 

Variación Paro x Provincia Mensual:SET-2010 Anual: OUT-2009
A Coruña +2.38% +5.55%
Lugo +5.24% +10.68%
Ourense +4.81% +6.64%
Pontevedra +4.14% +8.14%

 Parados por Concellos: Nº de parados e aumento de + a -;Vigo: 28.468(+624); Pontevedra: 7.294(+327); Ourense: 9.458(+321); A Coruña: 19.569(+294); Lugo: 7.820(+286); Vilagarcía: 3.928(+140); Compostela: 7.568(+123); Narón: 3.356(+101); Ferrol: 6.972(+98)…etc. Nota: Coma sempre, os dados contrastan coa EPA do 3ºTrimestre, por distinta metodoloxía… Ademais a EPA era ata setembro e estes son de outubro, é decir, fin da contratación estival.. Lembrar que nestes dados non figuran os “Denos”, Desempregados Non Ocupados.(Ver informe 8-10).