PRESENTACIÓN DO LIBRO “NON CONCILIADOS” E DO CICLO DE CINE NA CUT

PRESENTACIÓN DO LIBRO “NON CONCILIADOS” E DO CICLO DE CINE NA CUT

6

O pasado venres presentouse no local sindical da CUT en Vigo o libro “Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural” editado polo Cineclube Compostela. O acto contou coa presenza de tres dos varios autores e autoras cos que conta o volume, foron David Rodríguez, Xiana Arias e Alberto Lema. Na súas intervencións fixeron fincapé na situación pola que está a pasar a esquerda e a clase traballadora, e na necesidade de artellar focos de resistencia e ofensiva de cara a contrarrestar o abuso do constante e progresivo do capitalismo.Depois das súas intervencións abriuse unha quenda de intervencións que deron nun interesante debate sobre a necesidade e os medios cos que combater ao capitalismo.O acto contou tamén coa presentación, por parte de Alberto Lema, do ciclo de cine “Filmar a Historia” que a CUT vai proxectar no loca de Vigo todos os venres ás 20 horas ata o mes de febreiro de 2011.No seguinte enderezo de Galizacontrainfo podedes ver un video da presentación do libro e o pdf do programa de CINE NA CUT.http://galizacontrainfo.org/presentaci%C3%B3n-do-libro-non-conciliados-argumentos-para-resistencia-cultural