COMUNICADO DOS COMPAÑEIROS PECHADOS

COMUNICADO DOS COMPAÑEIROS PECHADOS

6

Os compañeiros da CUT continúan pechados no rectorado. Hoxe mesmo colgáronse da fachada do edificio en protesta pola actitude da Universidade, que segue sen dar noticias e utilizando como escusa a escaseza de cartos para atender as peticións dos traballadores e traballadoras.Este argumento non deixa de ser unha escusa, ao igual que a da crise, para seguir diminuíndo os dereitos da clase obreira, pois a esixencia do cumprimento do RPT tiña uns gastos xa presupuestados.A seguir podedes ler o comunicado feito público hoxe polos compañeiros da Universidade. A loita continua!PRIMEIRO DIA DE PECHE: <!– @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>TERCEIRO DÍA DE PECHE:A Universidade non deu sinais de vida..Chegados a este punto non nos queda máis remedio que insistir nas nosas apreciacións que constatan o seguinte:Os orzamentos da Universidade para o ano 2010 establecían a cantidade orzamentaria para realizar, tanto a promoción como o incremento na RPT que reivindicamos.É imperdoable que unhas promocións comprometidas desde o ano 2006 non estean executadas a estas alturas.

Se o orzamento recolle o incremento da RPT:

 

  • Por que agora non hai diñeiro?

  • O PAS laboral no é “prioritario”. Por que se cumpren outros compromisos fielmente e se adían os compromisos co noso colectivo?

  • Paga algunha factura, (por exemplo, non ser un colectivo “afín”) o noso Colectivo?

 

Mentres que desaparece o diñeiro para a RPT a Universidade recorre á precariedade:

 Contratos de 3+3 meses (estes contratos xa están incluídos no orzamento – Capítulo I) implican, este tipo de contratos, a inestabilidade permanente no posto de traballo, ao cumprir os seis meses os traballadores/as retornan ao paro.

 

  • INEF

  • CAU (2222)

  • DEPORTES

  • ELVIÑA2

  • POLITÉCNICA SUPERIOR

 

Arredor de 15 prazas.

 

Empresas de Traballo Temporal (ETT) (requiriría exclusivamente o cambio do diñeiro de capítulo no orzamento, mais os cartos xa os hai e as prazas estanse a pagar)

 

  • CUR (Centro Universitario de Riazor)

  • CITEEC

  • CIT

  • Ciencias da Comunicación.

  • CITIC

  • Fortín (Campus de OZA).

  • Casa do Patín.

 

Nesta situación hai unhas 10 prazas.

 

A Universidade recepcionou varios edificios recentemente. O persoal que os atenderá será tamén contratado pola vía precaria?

 

E iso que din ser “progresistas”!.

 Na comunidade universitaria non se segue o mesmo criterio de “austeridade” en todos os colectivos. O sector de PDI medra constantemente mentres que todos os sacrificios soportámolos o colectivo de Persoal de Administración e Servizos (PAS), e, dentro deste, o PAS laboral.

 

Evolución do emprego (prazas ocupadas) na UDC.

  

DATOS ESTATÍSTICOS, PÁXINA WEB DA UDC

CURSO

PDI

PAS FUNCIONARIO

PAS LABORAL

2005-2006

1369

368

280

2006-2007

1390

377

304

2007-2008

1429

398

309

2008-2009

1615

439

309

 

Hoxe, dentro das accións programadas para “facilitar” a toma de decisión por parte do Reitor, colgámonos da fachada do edificio da Reitoría, a semana que ven continuaremos con medidas semellantes, non pararemos até que se rectifique e se cumpra o acordado

 

Estamos convencidos de que o problema non é só de diñeiro. Como dixemos, o diñeiro xa estaba reservado.