CONTINÚA O PECHE NA UDC

CONTINÚA O PECHE NA UDC

8

Xosé Portela e Xosé Manuel Suárez, ambos os dous da CUT, continúa pechados no Rectorado da Universidade de A Coruña. Ata estes momentos non houbo contacto algún para atender as demandas, máis que xustificadas dos traballadores e traballadoras da UDC, sobre as promocións acordadas no ano 2006 e sobre a revisión da Relación de Postos de Traballo.A política de acabar cos sectores públicos implica o camiño da privatización e a destrución de emprego, e cómplices desta política son aqueles e aquelas que lle dan cobertura dende unhas institucións públicas, caso da Universidade de A Coruña, mantidas por nós e para o noso servizo.A CUT solidarízase cos traballadores pechados e fai un chamamento aos seus compañeiros e compañeiras para que amplíen esta solidariedade ao exercicio de accións conxuntas e contundentes.