A CUT-ENSINO ESIXE A DIMISIÓN DO COORDINADOR DE FILOSOFÍA DA CIUG

A CUT-ENSINO ESIXE A DIMISIÓN DO COORDINADOR DE FILOSOFÍA DA CIUG

10

2) A imprecisión, e mesmo equivocidade, nas cuestións presentadas para a proba de Historia da Filosofía na chamadas Fichas curriculares. Só un exemplo: case un terzo da programación adícase a preguntas que corresponden clara e especificamente á materia de Historia, nunca á historia da Filosofía; isto é: non se trata de avaliar ao alumnado respecto dunha contextualización histórica dos diversos discursos filosóficos (algo sen dúbida necesario), senón acerca de cuestións inherentes á asignatura de Historia per se.

3) Esta equivocidade vese reflectida nos propios Criterios de avaliación da proba, impostos polo grupo de traballo, nos que se reitera que se trata de avaliar a “comprensión epocal” ou a “capacidade de situar a cuestión no horizonte global da historia da filosofía”.

4) O coordinador amosou durante o pasado curso –entre outras disposicións nidiamente negativas- un talante prepotente, incoherente, e mesmo “descortés”, se utilizamos un eufemismo, xa que unha grande parte do profesorado denominou a súa actitude –xa for en encontros persoais e/ou vía e-mail– como absoluta falta de educación. Por outra parte, é de salientar que varios dos departamentos de filosofía dos IES de Galicia mostraron o seu estupor e indignación ao atoparen o silencio por resposta ante as súas comunicacións dirixidas á CIUG. Quérese dicer: a coordinación non existe cando se trata de reclamar, discutir, ou propor.

5) O chamado “Grupo de traballo de Filosofía”, organismo que debería ser electo democraticamente por zonas –como así acontecía en anos anteriores– foi imposto e elixido polo coordinador, contravindo deste xeito a mínima garantía para un funcionamento normal e eficaz da CIUG cara a un proceso parcial, dialogante e racional na conformación da proba do Selectivo.

6) Ante toda esta arbitrariedade, incompetencia e tiranía (en efecto: “tiranía”: goberno ou poder do capricho individual) do coordinador e do seu mínimo entorno consultivo e tamén executivo, escollido “a dedo” (o supracitado “grupo de traballo”), unha meirande parte dos docentes de Filosofía decidiron no pasado curso académico, a nivel individual, aconsellar ao seu alumnado que optasen pola proba de Historia, alternativa, como se sabe, á materia de Filosofía na proba de acceso á Universidade. Mesmo un comentario xeneralizado entre o colectivo manifestaba non saber que impartir nas aulas: se unha caste de Historia da Cultura, dado que o coordinador insistía –verbalmente e por escrito– en esixir aos estudantes a “excelencia” verbo dos seus coñecementos históricos, máis que dos propiamente filosóficos.

7) O malestar, interpreta a CUT-Ensino, debe ser maior por canto nos enfrontamos a unha especie de “quinta columna” que pretende esnaquizar o ensino da Filosofía, xa dabondo agredido nos últimos tempos pola administración educativa oficial.

8) Dado que a coordinación para a materia de Filosofía na CIUG nos parece con absoluta razón rexeitábel, e afectando a todo o colectivo educativo (alumnado, profesorado e pais e/ou nais):

A CUT-ENSINO ESIXE A INMEDIATA DIMISIÓN DO COORDINADOR ACTUAL, D. RAFAEL MARTÍNEZ CASTRO, e a súa substitución por un equipo elixido democraticamente por zonas que poña remedio á aniquilación da Filosofía como materia no Ensino Medio.