OS ORZAMENTOS DESEÑAN O PAÍS QUE QUERE FEIJOO

OS ORZAMENTOS DESEÑAN O PAÍS QUE QUERE FEIJOO

10

 Feijoo dixo hoxe que os presupostos de 2011 están inspirados “no rigor e no interese xeral”, salientou que “estas contas garanten a estabilidade, a solvencia, o investimento e as prestacións do benestar.O señor Feijoo utiliza os mesmos argumentos que Zapatero (levándose tan mal e facendo as mesmas políticas) para facernos crer que os seus orzamentos “garanten a prestación dos servizos públicos na Comunidade, aos que se dedica tres de cada catro euros do gasto”Pois si que debe ser certo, pero en principio recortou as partidas dedicadas a satisfacer as necesidades sociais un 5%, o que pasa é que o resto diminúen un 24,7%.Así as cousas, o sr. Feijoo, reduce sensiblemente o financiamento para manter servizos públicos elementais.O capítulo I, gastos de persoal, A parte do aforro derivado do desconto do 5% ao persoal da Xunta desde o mes de xuño, este capítulo cae un 4,15 por cento debido, a que a Xunta cubrirá as vacantes de persoal con traslados sen novas contratacións.Deste xeito reduce os traballadores públicos que sustentan a atención ao cidadán. Métenos, así, nun círculo diabólico, menos persoal, menos asistencia e menos calidade na que se outorga, por outra banda isto orixinará mais asistencias externas e polo tanto máis privatización.No que se refire a investimentos, a Xunta destina 804 millóns de euros de capital propio, o resto, uns 500 corresponden á Sociedade Pública de Inversións (SPI) e á financiación público-privada, dese xeito máis da terceira parte do que se invista será privado, un bo xeito de continuar coa privatización xeneralizada á que se pretende chegar.Aínda así este capítulo diminúe un 14%. Gábase o sr. Feijoo de que, de non recorrer ao financiamento público-privado a caída sería do 36%.Coa xeneralización do financiamento público-privado, o señorito, vende a administración pública por parcelas.En definitiva un cóctel encamiñado á diminución dos servizos públicos tanto en calidade como en cantidade, ao mesmo tempo ponnos na autoestrada camiño á privatización total da administración o que prexudicará sen dúbida aos, cada vez máis, galegos e galegas que menos capacidade económica posúen.O sr. Feijoo facendo país, o seu e o dos seus amigos.