OS ORZAMENTOS MÁIS ANTISOCIAIS

OS ORZAMENTOS MÁIS ANTISOCIAIS

9

«Os máis sociais da historia recente», así presentou Zapatero os orzamentos para 2011, presumiu de que o 58% do gasto irá destinado a satisfacer as necesidades sociais. Tamén se dixo que isto significaba unha porcentaxe sen precedentes, pero unha análise pormenorizada leva á conclusión de que esta alta porcentaxe non se alcanza polo crecemento das políticas sociais senón pola diminución das outras partidas (un 22%) o que da unha falsa sensación de incremento no gasto social.  O certo é que o presuposto destinado a políticas sociais sofre un tallo de 3.043,8 millóns. Sendo os máis afectados polos recortes as familias e colectivos desfavorecidos (inmigrantes, xuventude, mulleres, terceira idade e menores). A desaparición da axuda de 2.500 euros por nacemento dun fillo a partir de xaneiro do 2011 é o maior recorte asistencial incluído nos presupostos do 2011 (1.200 millóns). A isto súmase a decisión adoptada no decreto de axuste de maio de recortar a pouco máis da metade a xa concisa axuda por fillo a cargo da que se beneficiaban unhas 144.000 familias, as de ingresos máis baixos. A axuda por fillo a cargo pasou de 500 euros ao ano a 291 (24,5 euros ao mes) para as familias cunha renda anual de ata 8.264,28 euros. A medida aforrará uns 90 millóns ao Estado. Ademais, o Goberno decidiu aprazar indefinidamente a ampliación de 2 a 4 semanas da baixa paternal.
O programa de servizos sociais para a terceira idade sufrirá no 2011 un recorte de 17,63 millóns (o 8,6% do total).  Outros servizos sociais, como o plan sobre drogas sufrirá unha mingua do 12,5%.  O programa de integración dos inmigrantes cae un 23,8% respecto do 2010. O recorte nas partidas sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres (-9,3%) e prevención integral da violencia machista (-3,8%).  As prestacións por desemprego calculadas para o 2011 (30.474,06 millóns de euros) é o 1,6% inferior á presupostada para o 2010. Non porque diminúa o paro senón porque o Goberno prevé aforrar uns 647 millóns polos parados que esgotarán a prestación contributiva e pasarán a cobrar o subsidio (de menor contía). Ademais, o Goberno decidiu non prorrogar a axuda mensual de 420 euros para os parados a partir de febreiro.  A atención á dependencia sufrirá un recorte do 5,3% (83 millóns) tras a decisión do Executivo de limitar a seis meses a retroactividade no pagamento das prestacións, unha vez recoñecidas.  O Estado Español xa é dos países da OCDE e da Unión Europea con menor nivel de gasto social, os orzamentos de 2011 aloxarano, aínda máis, do resto de países da súa contorna.  Estes son os presupostos do Estado máis antisociais en anos. Non é de estrañar que Zapatero se tivese que apoiar, unha vez máis, na dereita para a súa aprobación. Os efectos serán demoledores para os colectivos máis desfavorecidos.