NÓS NON IMOS PAGAR A SÚA CRISE

NÓS NON IMOS PAGAR A SÚA CRISE

1

No contexto de crise do sistema capitalista hai moitos frontes    abertos, en situacións coma esta os países recorren habitualmente á devaluación da moeda para entre outras cousas favorecer, dese xeito, as exportacións.O Estado Español optou por esta alternativa, en múltiples ocasións, antes da integración na UE, hoxe non pode acollerse a esta posibilidade, e os países que terían capacidade no noso contorno económico (Mercado Común Europeo) para impoñelo, de momento, non o precisan.Os que si o fixeron foron Inglaterra, EEUU, Xapón, China (a este país acúsaselle disto desde fai moitos anos)…, iniciándose, deste xeito, unha verdadeira guerra de divisas.Uns acusan aos outros de facer xogo sucio neste terro poñendo atrancos no proceso de recuperación económica (tamén diario Expansión, 12/10/2010).Aínda que a crise é de ámbito mundial, os países capitalistas son incapaces de abordala dun xeito unitario primando entre eles a máxima de “sálvese quen poida” inherente á filosofía do propio capitalismo.Mentres que isto ocorre a nivel internacional, no Estado Español temos coñecemento de que as prestacións do FOGASA, ese fondo que serve para abaratarlles o despedimento ERE… de traballadores/as aos empresarios, aumentaron nos nove primeiros meses do ano o 64,31% respecto ao mesmo período do ano anterior, ata elevarse a 949,03 millóns de eurosEn salarios pagáronse 328,61 millóns e en indemnizacións 620,41 millóns, a 172.727 traballadores, o 41,1% máis.Insistimos en moitas ocasións no carácter sistémico desta crise, polo tanto o que corresponde é poñer na picota o sistema capitalista, a única solución que aportan os políticos é o de cargala sobre a clase traballadora , minimizando, deste xeito, as consecuencias para os seus representados.Son eles, cun ataque brutal, os que nos mostran a realidade, estamos inmersos nunha verdadeira loita de clases.onde até os sindicatos “pactistas” que coa súa actuación axudaron ao mantemento e implantación desta sociedade, formando parte do seu engrenaxe, teñen que respostar.Xogámonos moito, á crise non se lle ve o remate, o propio Presidente do Goberno cre que virán tempos peores e que si fai falta aplicar novas reformas non lle temblará o pulso.Comezamos unha andaina sen volta atrás, a situación esixe unha acción continuada, a mobilización constante para recuperar o perdido e para avanzar nos nosos dereitos.