O FOGASA TERÁ 100 MILLÓNS PARA ATENDER UNS 127.000 DESPEDIMENTOS NO 2011

O FOGASA TERÁ 100 MILLÓNS PARA ATENDER UNS 127.000 DESPEDIMENTOS NO 2011

7

 Da raiba ver que o Estado aparta 100 millóns de euros, dos cartos que cotizamos entre todos, (mentres traballamos pagamos o despido) para sufragar, de momento en parte, os despedimentos que o empresariado realizará durante o ano 2011. Segundo a reforma laboral, o FOGASA pagará 8 días das indemnizacións de despedimento por causas obxectivas, tanto nos contratos ordinarios (de 45 días), como de fomento do emprego (33 días), así como dos despedimentos colectivos obxectivos, ERE, (de 20 días).Parece que este ano vindeiro tampouco vai ser un bo ano para os traballadores, o propio goberno xa prevé que, polo menos, 127.000 contratados indefinidos perderán o seu posto de traballo, 127.000 traballos que ou ben pasarán ao mercado precario ou desaparecerán para sempre.Na propia rolda de prensa, onde se presentaron estes números, tamén se indicou que se fan falla máis cartos, que a preocupación non perturbe o sono do empresariado, sempre haberá cartos para ese complemento de despido.Da congoxa ver a frialdade dun cálculo que prevé unha cantidade tan enorme de despedimentos.O propio Goberno que se empeña en facer declaracións sobre as bondades da reforma laboral prepara mecanismos que dan a razón aos que denunciamos as medidas impostas desde o Executivo e que nos levaron a convocar aos traballadores e traballadoras a participar activamente na folga xeral do 29 de setembro.Isto si que é violencia!. Temos que tomar de novo as rúas, continuar coa mobilización até conseguir os fins que nos propoñiamos coa convocatoria de folga.