A REFORMA LABORAL MOSTRA A SÚA CARA

A REFORMA LABORAL MOSTRA A SÚA CARA

7

 “Respecto a folga xeral malia que vai en contra dunha reforma laboral que propiciará máis emprego e emprego máis estable.” José Blanco, Ministro de Fomento.Díxoo Zapatero, díxoo a Ministra de Economía, díxoo o Ministro de Traballo…, xa non debe quedar ninguén no Goberno que non o repetise. As estatísticas empéñanse en reflectir o contraio. Non se entende, dicíndoo xente tan importante, e sabida, elas van por outro camiño.Publicáronse os índices de paro do mes de setembro.Galicia ten 15.630 parados/as máis que en setembro de 2009 o que, en termos interanuais, representa un aumento do 7,8%.A maior parte dos parados en Galicia son mulleres, pois representan o 54,7% ao alcanzar o pasado mes as 118.211. En canto aos homes, estaban nesta situación 97.884 en setembro.Ademais, segue a medrar máis entre as mulleres que entre os homes, pois en termos intermensuais incrementouse un 2,65% entre elas, fronte a un 1,57% no sector masculino.O maior aumento, en termos porcentuais, produciuse no colectivo sen emprego anterior, os/as que acceden por primeira vez ao mercado laboral, que sumou 1.025 parados (un 3,94% máis) ata os 26.994.Por sectores da produción: nos servizos aumentou nun 2,54% (2.923 persoas máis, ata as 117.816); na agricultura un 1,52% (80 persoas máis, ata as 5.335); na industria medrou un 1,39% (450 parados máis, ata un total de 32.896) e na construción foi de 85 persoas máis (un 0,26%, ata os 33.054 parados/as).O paro incrementouse, tamén, nas catro provincias:Lugo foi a que rexistrou un maior reponte, cun 4,66% de aumento, ata os 20.705 en total, 921 máis que no mes de agosto.Coruña incrementou o paro nun 2,17% (1.844 persoas máis, ata as 86.954)Pontevedra, o desemprego creceu un 1,75% (1.451 parados máis, ata os 84.569)Ourense a suba foi do 1,38% (sumáronse 347 persoas ao paro cun total de 23.867).Xa en termos interanuais, o maior incremento produciuse en Lugo (un 12,1%); seguida de Pontevedra (un 9,03%), Ourense, cun 8,07% e A Coruña, cun 5,6%A nivel estado:Nos últimos doce meses, o paro aumentou en 308.316 desempregados/as, un 8,3% máis, dos que 133.572 son varóns e 174.744 mulleres, con incrementos do 7,2% e do 9,4%, respectivamente.En termos mensuais, o paro feminino incrementouse en 33.512 mulleres, un 1,6% respecto a agosto, mentres que o masculino subiu a metade, con 14.590 desempregados máis (+0,7%). Así, ao finalizar setembro, o número de homes no paro sumaba 1.984.933, mentres que o de mulleres desempregadas era de 2.032.830.Por sectores económicos, o desemprego baixou en tres sectores económicos: na construción descendeu en 9.738 persoas (-1,3%), na industria reduciuse en 4.299 persoas (-0,9%), e na agricultura caeu en 3.552 persoas (-2,9%). Pola contra, rexistráronse incrementos do paro nos servizos, con 53.585 parados máis (+2,3%) e no colectivo son emprego anterior, onde o desemprego aumentou en 12.106 parados (+3,5%).Por idades, o desemprego dos mozos menores de 25 anos subiu en setembro en 25.034 persoas, un 5,9% máis respecto ao mes anterior, fronte a un aumento do paro entre os maiores de 25 anos de 23.068 persoas (+0,6%).Entre os estranxeiros, o paro aumentou en 4.351 desempregados en setembro, un 0,76% respecto a agosto, situándose o total de inmigrantes no paro en 573.210 persoas. No último ano, o desemprego entre os estranxeiros incrementouse en 71.892 persoas, un 14,34% máis.En setembro, o paro baixou nas comunidades autónomas de Castela-A Mancha (-5.814 desempregados), Canarias (-1.403 parados), Aragón (-809 parados) e La Rioja (-356 desempregados),E subiu no resto (en trece), con Andalucía e Comunidade Valenciana á cabeza, con 20.635 e 5.505 parados máis, respectivamente.En canto á contratación, en setembro rexistráronse nos servizos públicos de emprego un total de 1.390.283 contratos, un 2,6% máis que en igual mes de 2009. Deles, o 8,8% do total, é dicir 122.090 contratos, foron de carácter indefinido, un 4,9% menos sobre igual mes do ano anterior.O resto de contratos efectuados en setembro repártense entre 11.282 contratos de carácter formativo e 1.256.911 contratos temporais, dos que o 30,43% foron de obra ou servizo e o 24,33% eventuais por circunstancias da produción.De xaneiro a setembro, os contratos rexistrados superan os 10,6 millóns. Desa cantidade, só 908.490 contratos realizados nestes nove meses son indefinidos, cunha caída do 8,5% sobre xaneiro-setembro de 2009.Resumindo, o paro en Galicia medra, nos últimos meses, a maior ritmo do que o fai a nivel estatal. Con respecto ao mes de agosto subiu en 4.563 persoas, un 2,16%, mentres que no resto do Estado subiu un 1,2% respecto ao mes anterior, segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo e Inmigración.O paro ten, cada vez máis, un marcado carácter feminino, hai máis mulleres en paro que homes e medra a maior ritmo neste sector da poboación.A pesar das afirmacións indicando que se incrementarán os contratos indefinidos, estes, cada vez, son menos, representando unha ínfima proporción sobre o total da contratación.A realidade empéñase en desmentir aos que fan declaracións expresando as bondades para o emprego dunha reforma laboral que, como denunciou a clase traballadora mediante a folga xeral só vai encamiñada a conseguir a súa precarización absoluta.O único camiño para reverter a situación e continuar coa dinámica mobilizadora até conseguir a retirada da reforma laboral, AGORA NON PODEMOS PARAR!