A LOITA CONTINÚA

A LOITA CONTINÚA

7

 A crise capitalista á que se lle está a dar a solución imposta desde lonxanos centros de poder tivo, o día 29, a primeira resposta da clase traballadora. A folga xeral, ten que marcar o comezo dun cambio de rumbo na dinámica de resposta da clase traballadora, acabouse o conformismo, acabouse a tibieza na resposta sindical, o camiño iniciouse e xa non se debe parar nin, moito menos, dar marcha atrás. O éxito da convocatoria de folga vai ser xestionado polos sindicatos estatais maioritarios, nós non confiamos neles, demostraron en múltiples ocasións que o seu afán por pactar lévaos a dilapidar nos despachos o conseguido coa mobilización. Calquera medida que se tome pola súa parte conducente a desvirtuar a gran mobilización do día 29 de setembro reforzará, aínda máis, a represión que os dereitos dos traballadores/as están a sufrir. Que non se enganen estes sindicatos, xa existe unha gran cantidade de traballadores/as, como se demostrou o día 29, organizados á marxe das súas directrices, traballadores e traballadoras que tomamos o testigo da acción sindical, da mobilización de clase e non imos parar.En síntese a folga na Galiza foi un éxito rotundo, unha folga que paraliza practicamente ao 100% a industria, o transporte, a construción, os servizos… ten que cualificarse como tal, as nutridas manifestacións reflicten este éxito.O éxito da convocatoria na nosa nación pon de manifesto o alto grado de sensibilización de traballadores/as contra as políticas adoptadas polos Gobernos central e autonómico confirmando o que reclamamos desde fai tempo, que non é máis que a necesidade de establecer unha dinámica de mobilizacións que conclúa coa retirada das medidas impostas. Estamos convencidos de que un só día de loita non vai ser suficiente.Unha vez máis instamos ao sindicato nacionalista maioritario para que, contando co resto de forzas sindicais e de clase de ámbito galego, tome a iniciativa neste sentido.Temos que lembrar que a folga convocouse para que unha crise que non creou a clase obreira non a paguen os traballadores e traballadoras. Para parar a gran avalancha de medidas antiobreiras que o capital obriga a adoptar a un Goberno títere.A folga ten que servir para que o Goberno cambie, de xeito radical, o seu rumbo. Debe servir aos cidadáns e non servirse deles para cadrar as súas contas e as dos seus amigos capitalistas.Se o Goberno non cambia as políticas, os traballadores/as non podemos parar as mobilizacións.  A LOITA CONTINÚA